A FGTA
Comités
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queridos amigos/as :


Esta é a nosa casa deportiva e pretendemos que tamén sexa a de toda persoa que se asome a esta porta.

Nela estamos un milleiro de entusiastas deportistas de todas as idades, condición, profesión, actividade e localización xeográfica, gozando co moito conseguido e ilusionados por medrar persoal, social e deportivamente nesta difícil arte do tiro con arco.

Aquí atoparedes de forma gráfica a actividade que desenvolvemos, competitiva nacional e internacional e técnica, así como a divulgativa e promocional. Así mesmo expomos permanente información mediante circulares e publicidade diversa, ambas as necesarias para o noso goberno en todos os niveis. Nela, e de forma predominante, está incluído o Calendario de Competicións anual que marca os máximos eventos deportivos da Federación como un dos alicerces e referentes a desenvolver.


Sucesivamente iremos incorporando todo aquilo que posúa interese común relativo ás distintas áreas que compón este deporte. Neste sentido estamos abertos a toda suxestión ou consello que poidan mellorar estes propósitos.


Dámosvos a benvida e mostrámonos compracidos pola vosa visita, así como da presente ou futura integración federativa para quen aínda non a posúa, o que estimamos e queremos ofrecer incondicionalmente. Ao mesmo tempo prestámonos a informar e aclarar calquera dúbida ou asunto relacionado co Arco, a súa regulamentación e estrutura.


En nome de todos e do meu propio transmitímosvos un afectuoso saúdo



Jorge Mato Posse

Presidente